A defensa dos intereses galegos ante a UE

Comité Europeo das Rexións

En 2020, o Comité Europeo das Rexións reivindicou o papel desempeñado polas rexións e municipios na xestión da pandemia e demandou a súa necesaria implicación no plan de recuperación europeo.

Pola súa parte, a FGE prestou apoio ao director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, en 15 reunións do Comité.

Neste ano, aprobáronse varios ditames relevantes para Galicia, como o de agroecoloxía ou o de transporte interurbano, e o presidente da Xunta foi elixido vicepresidente do CdR en representación da delegación española para o mandato 20- 25.

Reunións de alto nivel entre Galicia e Bruxelas

As visitas institucionais a Bruxelas víronse, obviamente, afectadas pola pandemia. No seu lugar, a FGE comezou a organizar reunións virtuais entre os altos cargos da Xunta de Galicia e responsables comunitarios, que resultaron moi útiles para ambas partes. Como nas reunións físicas, a FGE identificou aos interlocutores adecuados nas institucións comunitarias e elaborou documentación preparatoria para o bo desenvolvemento das mesmas. En total, a FGE organizou dúas visitas presencias e sete reunións virtuais para membros do Goberno galego.

Seguimento e participación nas políticas europeas

A FGE fixo un estreito seguimento da resposta europea á crise motivada pola pandemia para poder explicala en Galicia, sen esquecer o resto do programa de traballo da Comisión Europea, que foi modificado a mediados de ano para adaptalo ás circunstancias excepcionais que se produciron. Deste modo, a FGE analizou o acontecido en relación coas políticas tradicionais como as de cohesión, agricultura ou pesca, e outros temas de axenda comunitaria como o Brexit ou o Pacto Verde.

Encontros virtuais FGE “Galicia na recuperación económica da UE”

A FGE puxo en marcha, en setembro do 2020, o ciclo de encontros virtuais“Galicia na recuperación económica da UE”, co obxectivode achegar á administración galega as políticas europeas que guían o Plan de Recuperación para Europa e o novo Marco Financeiro Plurianual 21-27, da man de representantes da propia Comisión Europea.

En cada encontro participaron entre 20 e 30 representantes da Xunta, especialmente de IGAPE, GAIN, Facenda, Augas de Galicia, Medio Ambiente e Enerxía.

Semana Europea das Rexións e Cidades

Este ano a FGE fixo, novamente, unha campaña por redes sociais apoiando o papel das diferentes entidades galegas na Semana Europea das Rexións e das Cidades. Unha semana que, por mor da Covid-19, converteuse en tres e que contou con máis de 500 seminarios virtuais.

Entre a participación galega deste 2020 encóntranse entidades como a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Fundación Universidade Empresa Galega (FEUGA) coa que a FGE colaborou activamente na posta en marcha dos seus dous seminarios:

Redes de cooperación rexional

A FGE participa en diversas redes de cooperación rexional co obxectivo de defender os interses galegos, a través da búsqueda de sinerxías con outras rexións europeas.

We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy policy for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.

© 2021 Fundación Galicia Europa

Facebook icon
Twitter icon
LinkedIn icon
Intuit Mailchimp logo