A defensa dos intereses galegos

- Seguimento e participación nas políticas europeas -

A resposta da UE á crise sanitaria e económica

  • A probación dunha rede seguridade tripla, con medio billón de euros, destinados a financiar, a través de préstamos aos Estados, as medidas de protección dos traballadores (como é o caso dos ERTE)

  • Plan de Recuperación para Europa: 1,8 billóns de euros divididos entre o Marco Financeiro Plurianual 21-27 e o Instrumento temporal “Next Generation EU”

Brexit

  • Por terceiro ano, Galicia coordina o Grupo Operativo do Brexit, no seo da Comisión do Arco Atlántico

  • Xunto ao resto de rexións atlánticas, Galicia demanda que a nova Reserva de Adaptación ao Brexit se concentre nos sectores máis perxudicados.

Transporte

  • A FGE traballou estreitamente coa Dirección Xeral de Mobilidade para definir e trasladar a posición de Galicia en materia de transporte.

  • De cara á revisión do regulamento da Rede Transeuropea de Transporte, a FGE incluíu as dúas demandas principais de Galicia nun documento técnico elaborado pola CPMR: a inclusión da conexión ferroviaria Vigo-Oporto na rede básica e a inclusión do porto de Vigo na rede principal.

Pacto Verde

A FGE colabora coa Xunta para facer seguimento dos diferentes procesos derivados da transición ecolóxica, considerada un dos piares da recuperación. O novo Fondo de Transición Xusta sufragará os costes sociais e económicos da transición cara unha economía de baixas emisións na provincia da A Coruña

Orzamento comunitario 2021-2027

  • Galicia consegue que o Parlamento Europeo e o Comité Europeo das Rexións recollan a súa demanda nos seus posicionamentos sobre o reparto dos fondos estruturais

  • A estratexia de lobby da FGE dá como resultado a inclusión dun considerando específico sobre o caso galego no regulamento xeral dos fondos estruturais 21-27

I+D+i

A posta en marcha do novo programa de I+D+i “Horizon Europe”, a promoción dos “Digital Innovation Hubs” e a nova Bauhaus son algúns dos temas que centraron a atención de GAIN en Bruxelas.

Dende a posta en marcha en 2014 da RIS3 esixida pola UE, o investimento en I+D en Galicia aumentou un terzo.

Agricultura e desenvolvemento rural

  • Estreito seguimento da negociación da futura PAC e dos mecanismos de transición ata a súa posta en marcha no 2023

  • Análise e seguimento das estratexias “Da granxa á mesa” e de Biodiversidade para 2030

Pesca

Galicia mantivo contacto coas institucións europeas para a posta en marcha das medidas excepcionais de apoio ao sector. Un ano máis, a comunidade galega participa no Consello de Ministros de decembro, onde se deciden as posibilidades de pesca para o ano seguinte.

We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy policy for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.

© 2021 Fundación Galicia Europa

Facebook icon
Twitter icon
LinkedIn icon
Intuit Mailchimp logo