A defensa dos intereses galegos

- Redes de cooperación rexional -

Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM)

A FGE colabora estreitamente coa CRPM e coa súa comisión xeográfica do Arco Atlántico (CAA). En 2020 organizou dúas reunións, nas que representantes da Comisión informaron sobre o Acordo de Retirada e a Reserva de Axuste doBrexit

A renovación da estratexia Marítima Atlántica cun plan de acción centrado en impulsar a economía azul, as enerxías renovables mariñas, as competencias profesionais relacionadas co mar e a sostenibilidade das actividades marítimas, ocupou gran parte dos traballos desta comisión, que avogou, ao longo deste ano, pola creación dunha macrorrexión atlántica que vaia máis aló da cooperación marítima.

NECSTour

Galicia acordou co resto de membros de NECSTour unha visión conxunta sobre a futura Axenda Europea de Turismo 2050 presentando unha proposta á Comisión Europea, co obxectivo de garantir a recuperación do sector tras a COVID-19 e de que Europa conserve o liderado turístico a nivel mundial apostando pola sostenibilidade.

NecsTour avogou, ao longo deste ano, pola creación dun Plan Marshall de Turismo no marco do Plan de Recuperación para Europa

Grupo Interrexional sobre o futuro do Automóbil do Comité Europeo das Rexións (CoRAI)

Co apoio da FGE, CoRAI organizou o evento en liña sobre o papel das rexións automobilísticas na consecución da transición verde, durante a Semana Europea das Rexións e as Cidades. O evento foi inaugurado por Johannes Hahn, comisario de Orzamentos, quen sinalou que “as rexións europeas constitúen o centro das transicións ecolóxica e dixital”

Colaboración entre as Oficinas Rexionais Españolas (CORE)

A CORE organizou 41 reunións, principalmente, con membros da Representación Permanente de España ante a UE (REPER) e das direccións xerais da Comisión Europea para abordar os principais temas de actualidade. Tamén se realizaron reunións dos grupos de coordinación técnica para facer seguimentos e análises de políticas comunitarias ou ámbitos sectoriais concretos.

Ademais da COVID-19, entre os temas abordados que destacan o Marco Financeiro Plurianual 21-27 e os fondos Next Generation EU, o Pacto Verde Europeo, o Brexit e a modificación dalgúns dos regulamentos da PAC.

We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy policy for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.

© 2021 Fundación Galicia Europa

Facebook icon
Twitter icon
LinkedIn icon
Intuit Mailchimp logo