Entre os meses de outubro e decembro, a FGE organizou un total de cinco videoconferencias entre Francisco Conde, vicepresidente segundo conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e diversos representantes das institucións europeas co ánimo de expoñer as medidas que se están levando a cabo en Galicia en relación co Plan de Recuperación para Europa e en liña coa dobre transición verde e dixital
En xaneiro, o conselleiro de Medio Rural, JoséGonzález, asiste ao Consello de Ministros de Agricultura da UE en representación de todas as comunidades autónomas.
Por quinta vez quinta vez, Galicia coordina a participación autonómica no Consello en materia de agricultura.
FGE organizou unha ampla axenda de reunións para a conselleira de Educación, Carmen Pomar.
A conselleira presentou a celebración do II Cumio Académico e do Coñecemento entre a UE e a comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños que ía celebrarse en Santiago de Compostela no mes de xuño, co obxectivo implicar ás autoridades comunitarias do cumio. A delegación recibiu o apoio varias direccións xerais da Comisión Europea.
Para contar a experiencia galega, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,ÁngelesVázquez, ía participar na cerimonia anual do Pacto dos Alcaldes, prevista a principios de marzo en Bruxelas, pero foi cancelada no último momento a causa da pandemia.
A Xunta é coordinadora desta iniciativa, froito do cal máis do 80% dos concellos adheríronse a ela. Na práctica isto supón que os concellos fan inventario das súas emisións e unha valoración de risco e vulnerabilidade para poder poñer en marcha un plan de acción con medidas concretas.
Tras seren cancelados en marzo, a Conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez, retomou, de xeito virtual, os encontros previstos coa Comisión Europea para, por unha banda, presentar o programa de saneamento das rías galegas e, por outra, abordar os avances realizados na adaptación ao cambio climático en materia de abastecemento de auga.
A axenda incluíu reunións coa directora de Calidade de Vida na Dirección Xeral de Medio Ambiente, VerónicaManfredi, e co director xeral adxunto da Dirección Xeral de Política Rexional,NormundPoppens.
We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy policy for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.