2020, un ano centrado na pandemia pero tamén no futuro

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e da Fundación Galicia Europa

O ano 2020 foi, sen dúbida, un gran desafío para todos, pero para a Unión Europea foi algo máis: unha proba de fogo que demostrou como a construción europea avanza nos momentos de maior crise. Malia o peche das fronteiras por parte de moitos países - que en Galicia afectou especialmente aos municipios fronteirizos con Portugal- os esforzos da UE para garantir a subministración de material médico e asegurar a circulación de bens e servizos esencias foron moi importantes para facer fronte a pandemia, así como os máis de mil millóns de euros de investimento na investigación do tratamento da enfermidade e das posibles vacinas…

Fundación Galicia Europa

Acercando Europa e Galicia

A Fundación Galicia Europa (FGE) nace en 1988 coa misión de manter unha oficina galega en Bruxelas e promover o achegamento entre Galicia e Europa. Vinculada á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, conta con dúas oficinas, unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas. Desde 2010, a FGE forma parte do sector público autonómico de Galicia como ente instrumental, e en 2015, o Decreto de Acción Exterior da Comunidade Autónoma de Galicia recoñece o seu mandato “para exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado”.

O labor da FGE xira ao redor de dous grandes obxectivos: unha mellor comunicación da actividade comunitaria en Galicia e a defensa dos intereses galegos no contexto europeo. Para conseguilo, traballa en catro ámbitos:

A defensa dos intereses de Galicia ante a UE

A FGE realiza un seguimento das políticas comunitarias, presta apoio e asesora aos representantes galegos nas institucións e órganos comunitarios, organiza visitas de responsables políticos e técnicos a Bruxelas, fomenta a participación galega nos foros de debate que teñen lugar na capital comunitaria e colabora con outras rexións no marco de diferentes redes de cooperación para defender intereses comúns.

Fomento da participación galega en proxectos europeos

A FGE brinda información e presta asesoramento para que cada vez sexan máis as entidades galegas que participan en proxectos europeos, chegando a involucrarse como socio en proxectos que lle resultan de interese.

Información sobre a Unión Europea en Galicia

A evolución das políticas europeas, as posibilidades de financiamento comunitario e as oportunidades de emprego e prácticas nas institucións son os tres principais eixos de información europea facilitada pola FGE. Faino a través do seu portal web, das redes sociais e de boletíns electrónicos informativos.

Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia

Nos seus máis de 30 anos de existencia, máis de 500 persoas tiveron a oportunidade de coñecer de preto a UE a través das súas bolsas de formación. Ademais, a FGE organiza en Galicia todo tipo de actos para explicar a Unión Europea aos galegos.

We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy policy for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.

© 2021 Fundación Galicia Europa

Facebook icon
Twitter icon
LinkedIn icon
Intuit Mailchimp logo